Vilanova-Stratford – O obxectivo principal de difundir a figura e a obra de Valle Inclán está conseguido

A primeira vez que oín falar do Festivalle foi nunha xuntanza á que me convidaron no pazo de Vista Real. Estabamos a punto de saír da pandemia e no vello solar dos señores Martínez de Orense xuntáronse directivos de Amigos de Valle Inclán, como José María Paz Gago, José Luis Méndez Romeu, Alicia Padín e Francisco Charlín co alcalde, Gonzalo Durán, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez. Íase organizar unha función de Rafael Álvarez El Brujo que levaba por título El alma de Valle Inclán, pero aínda quedaban varios cabos por atar para tentar poñer en marcha unha semana de teatro dedicada á obra de Valle.

 

Más info.: La Voz de Galicia
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/vilanova-de-arousa/2023/07/14/vilanova-stratford/00031689339859142685551.htm?utm_source=facebook.com&utm_medium=referral&utm_campaign=share&utm_content=00031689339859142685551&fbclid=IwAR0xWsy12Eip-VWeudqB9Fh1Tnh81xUbc5auR1jdwWHeNiJkOLCteqgirhM